- Cerceda (La Coruña)
-
Cerceda (La Coruña)
Cerceda
Bandera
EscudoPaís España • Com. Autónoma Galicia • Provincia La Coruña • Comarca Órdes Ubicación • Altitud n/d Superficie 111,27 km² Parroquias 6 Población 5.597 hab. (INE 2008) • Densidad 50,3 hab./km² Gentilicio Cercedense Código postal 15185
Pref. telefónico 981
Sitio web Web Oficial Para la localidad de Madrid, véase Cerceda (Madrid)
Cerceda es un municipio de la provincia de Coruña (Galicia, España), perteneciente a la comarca de Órdes. Posee un parque acuático de gran atractivo turístico y un gran pazo (en Lavandeiras).
Población en 2008, según el INE, es de 5.597 habitantes.
Historia:A de Cerceda é unha historia marcada polo seu tradicional illamento e falta de comunicacións. No mapa catastral de 1929 non aparecía aínda ningunha estrada no municipio. Con todo, o seu territorio está habitado desde a Idade do Ferro: a historia de Cerceda é a historia dos seus poboadores. O illamento fixo que o territorio cercedense ficase un tanto afastado dos grandes fitos que marcaron a historia de Galicia. Mais tal circunstancia tamén deu lugar a unha evolución histórica particular. O pasado da vila comeza a contarse desde os tempos remotos da cultura castrexa.
Tal como ocorre nos restantes concellos da comarca, en Cerceda dáse unha extraordinaria coincidencia entre a situación dos antigos castros e as actuais unidades de poboación. Por iso cómpre soster que, desde o século VII antes de Cristo, a poboación de Cerceda mantense cabo da mesma terra.
Demografía:Malia as consecuencias dun forte fenómeno emigratorio, a evolución demográfica de Cerceda ao longo do século XX e no que vai do XXI arroxa un saldo positivo que se explica en boa medida pola puxanza industrial das tres últimas décadas. Segundo os últimos datos oficiais (IGE 2008) Cerceda conta neste momento con 5.597 habitantes, o que supón un incremento do 16,5% respecto aos 4.803 que rexistraba en 1900. Con todo, o municipio alcanzou o seu teito demográfico en 1960, momento no que a súa poboación ascendía a 7.929 persoas, un 65% máis que a comezos de século.
É por isto que, na evolución demográfica do concello, podemos diferenciar dúas etapas ben distintas. A primeira delas, ata os anos 60, caracterizouse por unha notable expansión demográfica. A gran produción agrícola do momento, xunto coas altas taxas de natalidade, axudaron a contrarrestar neste período os efectos da emigración.
Non aconteceu o mesmo a partir dos anos 60, cando as correntes migratorias cara a América e cara ás cidades europeas máis industrializadas e as expropiacións motivadas pola apertura da central térmica de Meirama en 1980 provocaron un notable descenso demográfico. Así, dos 7.929 habitantes de 1960 Cerceda pasou a 7.003 en 1981. Dez anos despois, en 1991, a cifra reducírase ata os 5.347.
Cómpre sinalar neste punto que estas cifras fan referencia á poboación de feito, isto é á que vive en Cerceda no momento en que se elaboraron os censos que se citan. Se atendemos á poboación de dereito, é dicir, á suma dos residentes presentes e dos ausentes -as persoas inscritas no padrón aínda que se atopan fóra temporalmente- en 1991 a cifra é de 7.015 habitantes.
Esta desviación entre a poboación de feito e a de dereito, a máis alta de toda a provincia da Coruña, explícase polo fenómeno da emigración, que aínda á altura de 1990 tiña unha especial relevancia en Cerceda.
Desde mediados dos 90 a mellora das comunicacións, a estabilidade do emprego na industria e o desenvolvemento terciario na Silva e no Campo da Feira son factores que teñen contribuído a estabilizar a poboación e a contrarrestar os efectos dun crecemento vexetativo negativo (-5,4‰).
Como chegar:O concello de Cerceda está situado ao noroeste de Galicia na provincia da Coruña. Pertencente á comarca de Ordes, atópase nunha área de transición entre as terras das Mariñas, Bergantiños e Ordes. Limita ao norte cos municipios da Laracha e Culleredo, ao sur con Ordes e Tordoia, ao leste con Carral e ao oeste con Carballo. A cabeceira do municipio está no lugar de Antemil, antiga vila do Campo da Feira que hoxe en día se coñece polo propio nome do concello, e que se atopa a uns 50 quilómetros de Santiago de Compostela e a uns 30 da Coruña, as dúas cidades importantes máis achegadas.
En coche A principal vía de comunicación e acceso a Cerceda é a estrada AC-400, que vai de Sigrás a Muros e atravesa o casco urbán do municipio.
Para achegarse desde A Coruña, o máis axeitado é facelo a través da Autovía do Noroeste para despois saír en dirección Culleredo/Ledoño, tomar a estrada AC-523 e acceder á AC-400 en dirección Cerceda.
Para achegarse desde Santiago, a mellor opción é a autoestrada do Atlántico AP-9 dirección A Coruña/Pontevedra, seguir pola estrada N-550 en dirección a Ordes e tomar a AC-524. Tras atravesar Ordes, continuar pola N-550 ata o Mesón do Vento e xirar alí en dirección Cerceda.
Para os usuarios de GPS: nalgunhas cartografías pode que non apareza Cerceda como destino, nese caso pódese seleccionar Antemil (Cerceda). As súas coordenadas xeográficas son as seguintes: 43º11'25N 8º28'23W.
En tren A liña de tren rexional que une A Coruña con Santiago de Compostela atravesa o concello de Cerceda con paradas en Meirama, Vila da Igrexa e Cerceda. Pódese obter máis información sobre este servizo na páxina web oficial de RENFE ou no teléfono 902 24 02 02.
En autobús A compañía ASICASA ofrece un servizo regular de autobuses que conectan A Coruña e Cerceda. Pódese obter máis información no teléfono 981 23 12 34.
En avión Cerceda atópase preto dos enlaces da autoestrada do Atlántico e da autovía do Noroeste, co que está a menos de media hora de distancia dos aeroportos de Alvedro e Lavacolla. Pódese obter información das conexións que ofrecen as distintas liñas aéreas no portal de Aeroportos Españois e Navegación Aérea -AENA-.
Parroquias
- Cerceda (San Martiño)
- As Encrobas (San Román)
- Meirama (Santo André)
- Queixas (Santa María)
- Rodís (San Martiño)- A Silva.
- Xesteda (Santa Comba)
O Concello de Cerceda está composto por seis parroquias: Meirama, As Encrobas e Cerceda son as parroquias setentrionais e oriéntanse cara as comarcas da Coruña e Bergantiños. No entanto, as parroquias de Rodís, Queixas e Xesteda espállanse contra o sur do termo municipal, inseridas entre as terras da comarca de Ordes. Os principais núcleos de poboación están na aldea da Silva, pertencente a Rodís, e mais na do Campo da Feira, na parroquia de Cerceda. A segunda é ademais a capital municipal, albergando a Casa do Concello e algúns dos principais equipamentos.Festas
- Las fiestas más importantes se celebran a mediados de Julio (Fiestas do Carme)
- En A Silva se celebra "A Feira das Nenas" y el "San Cristovo" (el primer domingo del mes de Julio).
- En Meirama se celebran "As Dores" en el mes de septiembre. Era, ya no lo es, una romería tradicional en el que los vecinos de otras parroquias se acercaban a la de Meirama en el mes de septiembre para honrar a la Virxen das Dores y en la que se terminaba con una comida campestre.
Política
Foron tres os partidos políticos que obtiveron representación na Corporación Municipal de Cerceda logo das eleccións que tiveron lugar en maio do ano 2007. A distribución dos/as concelleiros/as de cada un deles é a seguinte:
PSdeG-PSOE
* José García Liñares (alcalde) * Silvia Belén Fraga Santos * Edelio Rodríguez Dubra * José Antonio Fraga Muiño * María Aurora Ríos Rodríguez * María Carmen Vicente Padín * Ramón Manuel Pérez Seedor * Ricardo Javier Becerra Golán * María Isabel Castro Fraga
BNG
* Rocío da Igrexa Prego * María Emilia Candal Bouzas * Antón Amor Becerra
PP
* Manuel Becerra Souto
Categorías: Municipios de La Coruña | Localidades de La Coruña
Wikimedia foundation. 2010.